PROPOÑEMOS ESTUDAR A CREACIÓN DUN CEMITERIO MUNICIPAL EN RIBADUMIA

• Unha alternativa pública para as familias sen sepultura propia.

• Un servizo complementario aos seis cemiterios parroquiais.

Desde Somos Ribadumia presentamos unha moción para que o Concello inicie o estudo de viabilidade dun cemiterio municipal de titularidade pública. Queremos que Ribadumia planifique este servizo e valore unha alternativa de enterramento para toda a veciñanza, con especial atención ás familias que non dispoñen dunha sepultura ou dun panteón familiar.

Ribadumia conta con seis cemiterios parroquiais, pero carece dun cemiterio municipal. Recoñecemos o importante labor social e comunitario que estes espazos veñen desempeñando desde hai décadas. A nosa proposta busca ampliar as opcións dispoñibles e atender as necesidades presentes e futuras da poboación, desde o diálogo cos seus titulares e o respecto á súa autonomía.

Unha resposta ás necesidades das familias

A realidade social do noso concello foi cambiando. Hai familias que chegaron doutros municipios ou doutros países e levan anos formando parte da vida de Ribadumia sen contar cun lugar propio de enterramento. Esta situación tamén pode afectar a familias ribadumienses de varias xeracións. Consideramos que o Concello debe coñecer esta realidade e anticipar solucións para evitar dificultades engadidas nun momento tan delicado como o falecemento dun ser querido.

Defendemos unha alternativa pública con criterios de acceso transparentes, obxectivos e non discriminatorios, respectuosa coa diversidade de crenzas e coa liberdade de conciencia. O estudo deberá ter en conta a demanda de nichos, sepulturas e columbarios, así como as necesidades futuras da veciñanza.

O primeiro paso que propoñemos é unha diagnose da oferta funeraria existente, mediante consulta e colaboración voluntaria cos titulares dos seis cemiterios parroquiais. A moción establece un prazo orientativo de seis meses para coñecer a súa capacidade, ocupación, posibilidades de ampliación e condicións de acceso. Esa información permitirá avaliar as necesidades reais e comparar solucións.

Planificar con rigor e coñecer os custos

Solicitamos un estudo de posibles localizacións e unha memoria técnico-económica que detalle o investimento, os gastos de mantemento e os posibles ingresos. A instalación deberá axustarse á demanda, prever ampliacións por fases e cumprir os requisitos sanitarios, urbanísticos, ambientais e de accesibilidade. Calquera decisión sobre a construción deberá contar previamente cos informes técnicos, xurídicos e económicos necesarios.

Propoñemos tamén abrir un proceso de información e participación veciñal, estudar as fórmulas de xestión e unha futura ordenanza reguladora, e consultar á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia sobre asistencia técnica e posibles vías de financiamento. As axudas doutras administracións poden facilitar o proxecto, pero a decisión debe partir das necesidades da veciñanza e dunha avaliación rigorosa da súa viabilidade.

Pedimos que os estudos se presenten ao Pleno e que, se a viabilidade resulta favorable, se concrete unha programación plurianual cos recursos necesarios. Queremos que o Concello planifique este servizo e ofreza unha resposta ás familias que precisan unha alternativa pública de enterramento.

PROPOÑEMOS ESTUDAR A CREACIÓN DUN CEMITERIO MUNICIPAL EN RIBADUMIA

• Unha alternativa pública para as familias sen sepultura propia.

• Un servizo complementario aos seis cemiterios parroquiais.

• Estudar a demanda e os custos antes de decidir a construción.

DAVID  CASTRO PRESUME NA PRENSA DE PERDER SUBVENCIÓNS E EVIDENCIA A SÚA INCAPACIDADE PARA XESTIONAR O SANEAMENTO

  • Pide subvencións sabendo que non cumpre os requisitos. E perdeas. E aínda presume.
  • As escusas confirman a falta de planificación e capacidade.
  • Canto tempo, persoal e recursos dedica a pedir subvencións que sabe que non vai conseguir?
  • A rede de saneamento segue sen o diagnóstico necesario, e sen as solucións.
  • O contexto que o alcalde pide pero non da: medio millón ao ano en multas de Augas de Galicia e un Pleno onde vai ter que dar as explicacións que oculta.

Desde Somos Ribadumia  estamos moi sorprendidos pola resposta nos medios de prensa que o goberno de David Castro emitiu contra unha publicación en redes do noso Concelleiro Sergio Soutelo onde pon de manifesto – coa documentación por diante – que o goberno perdeu unha subvención por non responder a un requerimento de documentación. Vistas as ansias do goberno local por comentar a situación das axudas e do saneamento en Ribadumia queremos expor algunas cuestión.

O publicado nos medios polo  goberno de David Castro confirma o fondo da denuncia do noso Concelleiro que tamén o é de Somos Ribadumia: por un lado, pediu unha axuda sabendo que non cumpría os requisitos; a axuda ía destinada a realizar auditorías da rede de saneamento, pero neste caso para obter a axuda precisaba ter auditoría xa realizada, cousa que non acontecía. E polo outro resulta que  non realizou a auditoría por que segundo o propio goberno non estaba garantido que con esa auditoría se conseguirá esa subvención. Para Soutelo “ como pode un alcalde dicir que non fai unha auditoría da rede de saneamento por que tela non garante unha axuda? As auditorías das redes de saneamento, de auga ou de outra cousa non se fan para conseguir cartos, fanse para mellorar a xestión dos servizos públicos”.

Por se fora pouco, na súa ansia por desacreditar a Sergio Soutelo, o goberno declara publicamente que esta axuda non foi a primeira que perdeu, é que no caso das anteriores foi incluso peor por que non era obrigatorio ter realizada a auditoría previamente. Ou sexa, perdeu as axudas que lle permitirían pagar a auditoría. O que o goberno non explica e cantas axudas leva perdidas nin os importes, o cal sería interesante dado que o propio goberno é o que fala da importancia do contexto. “ Pois xa que o goberno non achega  o contexto que do que fala, achégollo eu: a Xunta está lanzando liñas de axudas para solucionar os problemas das redes de saneamento. Uns problemas que ao Concello de Ribadumia lle custan ao redor de medio millón de euros ao ano polo canon que  Augas de Galicia aplica ás redes de saneamento que como no caso de Ribadumia sobrecargan as depuradoras debido ao seu mal estado. A Xunta tamén esta lanzando axudas para xustamente pagar as auditorías das redes de saneamento, que son necesarias  para optar as axudas para reparacións das redes. O goberno de Ribadumia pérdeas todas. Por certo, pasou exactamente o mesmo coa rede de auga. Perdeu axudas durante anos por non ter unha auditoria”.

O goberno pretende presentar como prudencia económica o que evidencia unha grave falta de planificación e de xestión. Coñecer o estado do saneamento, localizar as deficiencias e establecer prioridades é unha responsabilidade municipal. Evitar as multas por mala xestión tamén.  As subvencións son unha oportunidade para axudar a  financiar ese traballo, pero non poden converterse na escusa permanente para deixalo pendente.

Recursos, persoal e tempo en pedir axudas que sabe que non vai levar.

Segundo a súa propia explicación, a convocatoria esixía ter realizada previamente a auditoría. O goberno sabía que non a tiña pero solicitou igual esa axuda, pois o que Soutelo denuncia na súa publicación e o goberno confirma é que a axuda en cuestión foi solicitada polo Concello, e perdeuna cando non respondeu ao requerimento da documentación faltante: a auditoria que o Concello sabía que non tiña. “Pois o señor Castro deberá explicar por que empregou persoal, tempo e recursos municipais, ou peor, se usou recursos externos,  para tramitar unha subvención que sabía que non ía conseguir por que non  reunía as condicións esixidas. Ou non comprobou debidamente as bases ou decidiu tramitala a pesar do incumprimento. En ambos casos debería haber dimisións de maneira inmediata”.

En calquera caso, volvendo sobre as declaración do goberno, tampouco nos vale como xustificación lembrar que en convocatorias anteriores pediu axudas e non as conseguiu. Iso explica que non obtivo financiamento, pero non explica que alternativa preparou, que recursos valorou ou que calendario estableceu para realizar a auditoría. Tampouco explica como pretende David Castro evitar o  elevado canon de Augas de Galicia se non fai nada por medo a non obter axudas, ou se todo o ata a conseguir unhas axudas que non esta conseguindo.

Gobernar non pode reducirse a solicitar subvencións e agardar: hai que planificar, tomar decisións e resolver os problemas. E o concello ten recursos propios, que poden utilizarse para máis cousas que  pagar festas, e hai outras liñas de axudas que poden empregarse en resolver problemas como o do saneamento, que insistimos no dato, se esta levando case medio millón de euros ao ano.

Por que o máis grave é precisamente a situación do  saneamento. Mentres o goberno dedica os seus esforzos a defenderse das críticas, segue sen ofrecer unha resposta concreta sobre cando realizará o diagnóstico pendente e como abordará os problemas da rede, nin da cifras de canto lle está costando ao Concello a súa desidia. A veciñanza precisa solucións, investimentos e prazos, non unha explicación absurda que non responde ao que se lle esta requerindo.

A “transparencia” do señor Castro.

Para rematar, a  súa apelación á transparencia resulta totalmente demagóxica . Para o Pleno de setembro presentamos por rexistro preguntas sobre as subvencións perdidas ou reintegradas desde xaneiro de 2024, as convocatorias ás que o Concello non puido concorrer por incumprir requisitos e as axudas en risco de perda. O goberno negouse a respondelas. Tamén no Pleno de setembro Soutelo preguntou por un informe da concesionaria do saneamento que fala de deficiencias que sobrecargan o bombeo de Cabanelas. “Ese informe si existe e é moi concreto ao situar varias problemáticas na rede en Ribadumia. David Castro negouse a contestar públicamente. Agora fala de contexto, o contexto estaba en responder ás preguntas no Pleno. Pensar que imos ficar calados por que el intente ocultar a realidade, significa coñecer pouco ao noso partido”.

As explicacións de David Castro deixan ao descuberto o problema: un goberno sen planificación de ningún tipo que non prepara a tempo os requisitos para acceder ás axudas e que supedita a resolución dos problemas  dun servizo básico á chegada dunha subvención. A incompetencia para xestionar o saneamento non se corrixe cun comunicado de prensa. Corríxese asumindo responsabilidades e poñéndose a traballar.

Pero que non se agobie o señor Castro. Xusto esta semana Sergio Soutelo solicitou diversa documentación relativa ao Canon de  Depuradoras da Xunta, para saber canto debe o Concello, e se o está pagando. E isto ao fio dunha moción que se vai debater no Pleno Extraordinario forzado pola oposición, precisamente por que o señor que pide “contexto” se nega a debater públicamente a súa xestión e a dar os datos desa xestión. “A documentación ainda non se entregou, asi que pídole ao señor Castro que deixe de rirse da veciñanza e de andar a marear na prensa e nos Plenos, e se comporte cun mínimo de seriedade”.

TRES ANOS SEN PUNTO LIMPO POLA INCOMPETENCIA DO GOBERNO DE DAVID CASTRO

  • Unha reforma de preto de 290.000 euros quedou bloqueada por falta de saneamento.
  • A veciñanza soporta as consecuencias dunha xestión improvisada.
  • 3 anos sen  punto limpo por culpa dunhas conexións de menos de 50.000 € .
  • Esiximos a apertura efectiva e responsabilidades pola nefasta xestión.

Dende Somos Ribadumia denunciamos que a incompetencia e a falta de planificación do goberno de David Castro deixaron a veciñanza case tres anos sen punto limpo. Unha reforma integral e ampliación da instalación existente, orzamentada en 287.199,13 euros,  acabou privando o municipio dun servizo necesario porque o goberno non resolveu a conexión ao saneamento imprescindible para poñelo en funcionamento.

O punto limpo pechou en 2023 para executar as obras. O goberno debía garantir que a instalación reformada reunise as condicións necesarias para abrir ao rematar a actuación. Porén, deixou pendente unha infraestrutura básica provocando  durante anos unha situación que a veciñanza non tiña por que soportar.

Tal como explica Sergio Soutelo “as consecuencias padecémolas todos: queixas veciñais, acumulación de lixo e enseres en distintos puntos do municipio e unha xestión de residuos baseada na improvisación. Mentres o punto limpo permanecía pechado, o propio Concello habilitou lugares de acumulación que denunciamos como auténticos vertedoiros incontrolados”.

Xa en novembro de 2024 alertamos publicamente dos residuos amoreados na explanada do almacén municipal e nunha explanada de Leiro, a escasos cincuenta metros do punto limpo. Denunciamos que esta última estaba aberta e sen control, próxima a un monte e a unha canle de auga. Nas nosas comunicacións e vídeos levamos tempo mostrando as consecuencias desta maneira de gobernar.

Á reforma de preto de 290.000 euros engadiuse posteriormente outra actuación de máis de 48.000 euros, financiada polo Plan de Infraestruturas Rurais, para  executar as conexións de saneamento e abastecemento.  “David Castro leva dende o final da obra do Punto limpo en marzo de 2024 ocultando a falta destas conexións, que  deberían formar  parte da planificación da reforma, pero debido ao chapuceiro do proxecto -feito a todo correr antes das eleccións do 2023 – non se incluíron provocando que o Pinto Limpo quedara paralizado”.

Ademais debemos lamentar as lentitude de David Castro para resolver os problemas que él mesmo provoca. Por que o Punto limpo leva sen poderse abrir todos estes anos pola falta dunha obra de menos de 50.000€. A xestión  nefasta.

Resulta indignante que David Castro anuncie agora a próxima apertura sen dar explicacións polo tempo que a instalación permaneceu inutilizada. “O certo é que o punto limpo segue pechado. David Castro foise facer fotos e pasear por unha obra menor, rematada fai semanas cando. Oque debería inaugurar é a apertura do punto limpo. Por que non se abre de as conexións están feitas? Que autorización lle falta?

A veciñanza continúa esperando recuperar un servizo que perdeu por unha reforma mal planificada e pola incapacidade do goberno para resolver problemas sinxelos.

Esiximos a súa apertura efectiva e que o alcalde explique por que as conexións necesarias non quedaron resoltas coa actuación inicial, cando coñeceu o impedimento e por que tardou tanto en solucionalo. Case tres anos de prexuízos á veciñanza merecen explicacións e a asunción de responsabilidades políticas.

Propoñemos un taxi a demanda para mellorar a autonomía das persoas maiores e con discapacidade.

Viñeta de Somos Ribadumia que propón un taxi a demanda gratuíto, con reserva por teléfono, para persoas maiores e con discapacidade.

• Un servizo gratuíto e con reserva por teléfono.

• Desprazamentos para compras, xestións e vida social.

• Un estudo en tres meses e unha proba piloto.

Dende Somos Ribadumia presentamos unha moción para impulsar un servizo municipal de taxi a demanda destinado ás persoas maiores e ás persoas con discapacidade ou mobilidade limitada. Queremos que a veciñanza que non conduce ou carece dunha alternativa efectiva de transporte poida acceder aos servizos e participar na vida social sen depender sempre da dispoñibilidade dun familiar ou doutra persoa.

En Ribadumia, a distribución da poboación entre parroquias e lugares fai que actividades cotiás como ir á farmacia, facer a compra ou acudir a unha actividade poidan converterse nunha dificultade para quen non dispón de vehículo. A moción tamén recolle a necesidade de atender os desprazamentos a puntos de interese como os hospitais e os centros administrativos, incluíndo os problemas de acceso ao Hospital do Salnés e a Montecelo.

Mobilidade para manter a autonomía e combater a soidade

Para nós, facilitar estes desprazamentos significa mellorar a autonomía persoal e reducir o illamento. Por iso propoñemos que o servizo poida utilizarse tamén para facer compras, participar en actividades ou relacionarse con outras persoas. A vida diaria da veciñanza require alternativas de mobilidade máis alá das citas médicas e das xestións administrativas.

A proposta contempla como potenciais persoas beneficiarias ás maiores de 65 anos empadroadas e residentes en Ribadumia que non conduzan ou carezan dunha alternativa efectiva de mobilidade, así como ás persoas con discapacidade ou mobilidade limitada con dificultades relevantes para desprazarse. Os requisitos definitivos deberán concretarse nas bases do programa.

Un servizo adaptado ás parroquias e ás necesidades reais

Propoñemos un sistema de reserva previa, accesible tamén por teléfono, con taxis preferentemente compartidos e rutas ou zonas que garantan unha cobertura equilibrada do municipio. O servizo sería gratuíto ou bonificado integramente para as persoas beneficiarias, dentro dos límites que se determinen, cunha frecuencia inicial orientativa de ata un desprazamento semanal.

Solicitamos que os servizos técnicos municipais elaboren nun prazo máximo de tres meses un estudo de viabilidade que concrete a demanda, os percorridos, os horarios, o sistema de reserva, a modalidade de prestación e o custo anual. A preparación do programa debe contar cos profesionais do taxi, cos servizos sociais e cos colectivos de persoas maiores e con discapacidade.

Se os informes confirman a súa viabilidade, propoñemos unha proba piloto de polo menos seis meses, cunha avaliación posterior das viaxes realizadas, dos custos, da cobertura territorial e da satisfacción das persoas usuarias. Tamén pedimos prever a partida municipal necesaria e procurar financiamento da Deputación, da Xunta e doutras administracións.

Dende Somos Ribadumia defendemos que esta proposta se traduza nun servizo útil para a veciñanza, cun custo estudado e unha organización adaptada a Ribadumia. Queremos que as persoas que deixaron de conducir, ou que non poden facelo, manteñan a capacidade de decidir sobre a súa vida cotiá e de participar na vida do Concello.

Esta proposta de taxi a demanda súmase á moción que presentamos en 2025 para reclamar máis liñas e frecuencias de autobús e mellores conexións cos hospitais do Salnés e Montecelo e con Pontevedra, Santiago e Vigo. O goberno municipal non quixo debater aquela iniciativa no Pleno. Seguimos propoñendo solucións para mellorar as comunicacións e a calidade de vida da veciñanza, e reclamamos que o goberno permita debatelas.

Viñeta coas propostas de mellora das conexións en autobús e de creación dun taxi a demanda. Máis autonomía e mellor calidade de vida.